sábado, 1 de outubro de 2016

Os nosos ceos agora, sen apenas escuridade...

Deixo este vídeo, versión galega dun documental que circula por aí, que nos alerta de algo que está actuando coma as especies invasoras: a contaminación lumínica que se está impoñendo nas nosas urbes (e tamén nas nosas aldeas), agravada pola eficiencia enerxética das novas tecnoloxías led que fai que teñamos nos nosos lugares de residencia moitísimas luminarias que deslumbran e que non nos deixan ve-lo ceo. De feito temos que afastarnos e buscar lugares exentos de farolas para ve-lo ceo.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...