xoves, 27 de outubro de 2022

Defuntos

Hoxe tocou pola mediodía a ruta dos cemiterios. É a miña celebración dos Defuntos, dos que tanto me deron. Desde Feáns ata San Amaro. Tranvías de La Coruña ten un servizo eficiente de longa distancia e sabendo dos atallos podes aproveita-lo tempo. A morte así tórnase unha lembranza agradecida e chea de paz, cánta paz dá camiñar polo silencio dos nosos antergos camposantos, lonxe de tantos ruídos e da frivolización da morte, ese feito biolóxico que tanto impresiona e que nos deixa fóra de xogo...

sábado, 8 de outubro de 2022

Casas

Ao final sempre volvemos ás casas, nelas sentimonos seguros e apoiados.

Por iso alí sempre nos esperan os recordos e procuramos que teñan as máximas comodidades.

martes, 4 de outubro de 2022

Pospandemia

Parece que xa estamos lonxe da pandemia, aínda que aínda hai vacinas por aí para os maiores.
Resucitan os vacinodromos.
Tivemos un verán cun estoupido de vida en tódalas actividades sociais institucionais e informais. Supoño que a intensa calor da que nos lembraremos durante moito tempo deixou ko o virus.
A xente agradeceu volver ó de sempre. Somos seres sociais: somos capaces de arriscarnos por dialogar, compartir cos outros.

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...