domingo, 9 de xullo de 2017

Ganas de publicar...

Recoñezo que xa tiña eu ganas de publicar, pero sempre están dous inimigos: a preguiza e a falta de ideas para expresar aquí a todo o mundo por medio deste blogue público.

O pasado día 28 de xuño, mércores, decidín esgotar o derradeiro cartucho das vacacións deste ano cun camiño que xa había moito tempo que non facía: ir até a zona de Suevos, por Arteixo, pola liña de costa, andando, baixando desde a Agra pola Ronda de Outeiro, a vía máis grande de todo o concello da Coruña (non lle chamo cidade porque tamén ten zonas rurais), que vai dende distintas zonas do grande oceano, desde a zona de Oza (San Diego) ata San Roque de Fóra, no Labañou. A partir de aí, toca seguir todo recto pasando polas zonas do Parque de San Pedro, O Portiño (chamado antigamente polos de San Pedro de Visma a Seavella), parque de Montalbo ou Bens, zona da depuradora de augas, a cala da aldea de Bens e despois cómpre ascender pola pequena estrada da zona de cantís para chegar primeiro ó porto e ó polígono de Suevos e despois á travesía de Suevos.

Como xa había tempo que non ía, sorprendeume unha ponte que conecta coa autoestrada que leva ó porto exterior de Arteixo de Punta Langosteira. Adentreime un pouco pola zona de Suevos e descubrín un pequeno parque infantil e a igrexa parroquial (queda para outra vez ver este templo máis de preto). Tocaba volver e, como sabía que desde había uns meses está acondicionada unha senda que ascende ata o núcleo de Bens, quixen subir ata as casas dunha aldea que apenas ten diferenzas notables desde hai décadas. A partir de aquí toca seguir pola estrada que desemboca na zona da Moura-Silva con parada para tomar algo no bar do edificio da Asociación Veciñal que tamén acolle as eucaristías dominicais para a xente da zona (con moitísima xustificación porque desde a zona da Refinería ata o Ventorrillo-Agra-Polígono aínda hai un bo anaco só con casas).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...