sábado, 3 de outubro de 2015

"La Favola"

Un sitio recomendable na Agra do Orzán é "La Favola". É un sitio pequeno, pero agradable, pintado de verde e coas cadeiras e mesas ben postas. Hai poucos sitios e o lugar é bo, así que, a determinadas horas de días non laborables, cómpre reservar... ou chegar á primeira hora.

Aínda que se centran na pasta típica italiana, tamén teñen carnes. A sección de pasta é grande e fresca, feita no propio momento. Polo tanto, a espera paga a pena para ter un momento cálido. Teñen tamén para levar ó domicilio, aínda que máis ben se presta para aquilo tan coñecido de "saír a cear fóra", en parella ou en familia ou cos grupos de amigos. A atención é tamén moi agradable.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...