xoves, 18 de agosto de 2016

Tiruleque en concerto...

Hoxe o grupo Tiruleque anda de concerto pola zona do Castrillón na Coru nas festas do barrio, integradas nas do municipio. Este é un grupo de música galega, non tradicional, porque integran repertorio do país con outros sons e estilos non galegos, pero o resultado inevitablemente sempre nos leva á festa típica da parroquia do país. Deixo este vídeo de hai uns anos nunha zona fermosísima, ideal para ver ó solpor: as escaleiras da Domus. Desde o alto vese todo o oceano, visión que asolaga de azul os nosos ollos. Neste ano, o Concello organizaba en xullo unha serie de concertos por distintos recunchos da cidade, sen agardar ás festas de agosto para ter música.



Ningún comentario:

Publicar un comentario

Vodas de ouro

 Tamén era domingo cando fai cincuenta anos estas dúas belezas decidiron casar... orgulloso deles sempre... mágoa que o xardín de San Carlos...