Santiago para min está asociada á época da carreira universitaria de finais da pasada década, cando botaba todo o día na facultade, nos centros universitarios e tamén no concello, aínda que volvía eu á Coruña. Dadas as súas identidades rural e xacobea, tiña moito que ofrecerme intelectualmente. Recoñezo que non contaba con volver, pero supoño que o seu atractivo é irresistible. A catedral, nos días da miña estadía, lucía coa fachada e co Pórtico limpos e coa faciana de hai séculos... Non fun este ano ó Gaiás, que non existía na miña época universitaria e que me engaiola cos seus bosques e instalacións que acolllen distintas ofertas culturais. Tampouco fun a museos ós que adoito ir, pero encantoume pasear pola zona de San Pedro e polo casco antigo.. O ritmo urbano de xentes da zona do Ensanche-Alameda é algo que me atrae, tamén...
Neste blogue tento contar o que son e o que me gusta - En este blog intento contar lo que soy y lo que me gusta
venres, 27 de xullo de 2018
En Santiago...
Moito tempo de ausencia por estes lares... O medo á páxina en branco... Hoxe quero volver facendo memoria duns días nos que rompo completamente coas inercias do ano. Adoito pasar uns días en Santiago... Encántame o desafío de compartir vivenda e de convivir cunha persoa... Santiago ten o engado de ter moita zona verde (aquí na Coruña estamos obsesionados por construír e urbanizar as poucas zonas rurais que aínda temos, consideramos perda dar terreos para centros de cultura para a xente, residencias para os máis necesitados e parques con distintas dotacións...) e de ter moi ben coidada a zona monumental e patrimonial.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
¡Salta!
Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...
-
Hoy he visto una acción que hace que la vida valga la pena, que te empuja a seguir luchando. Un poco antes de la misa católica de mi parroq...
-
Este tema de Deluxe, aínda non Xoel López, sempre o asocio á estrada e parque de Bens. Un grande agasallo para estes tempos diferentes.
Ningún comentario:
Publicar un comentario