Astronomía como cha contan...
Hai dous sábados fun por segunda vez a unha exposición que abriron a mediados de xullo na Casa das Ciencias. Esta expo vai estar moitos meses, e agardo que as excursións escolares do inverno non estraguen os módulos. Esta expo levou tempo preparala e necesitou dun equipo amplo de persoas. Paga a pena. Con explicacións sinxelas e visuais, amósanos as informacións astronómicas que nos van chegando desde os medios de comunicación e analiza as razóns polas que son noticia os acontecementos astronómicos. Está de moita actualidade a contaminación lumínica que afecta á saúde dos seres vivos, desperdicia enerxía, gasta diñeiro e mata as estrelas e os planetas que poderiamos ver nos nosos ceos. Achega as solucións (sinxelas). Pero tamén nos fala dos exoplanetas que se descobren, dos astros curiosos, das expedicións de astronautas, dos satélites que se mandan, do cinema e da literatura que se crea a partir da contemplación do espazo exterior, do que pensamos e maxinamos arredor do que está m