Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2021

Outra vez nas Fragas

Volvín ás Fragas. Levaba tempo sen ir, uns cantos anos, desde antes desta pandemia. A preguiza ten estas cousas. É curioso como toda a xente coa que te topas polo camiña saúda. Iso sempre sorprende. Por que? Ver as distintas construcións humanas ao longo do camiño contribúen a facer ameno o camiño. Alegra ver ao final a torre da campá do mosteiro que che di que o que se empezou no centro de Pontedeume ten a súa recompensa coa beleza do mosteiro, illado dentro da natureza que domina todo ó seu redor e que te mergulla noutro planeta, e coa vista da paisaxe.

Fuliada na vila

Imaxe
En xuño merquei por fin este libro escrito co corazón por unha persoa que teimudamente quere salvar as súas raíces. Conseguiu acceder ás cancións da súa avoa que escoitara de neno grazas ó labor dunha musicóloga que percorreu Galicia despois de asistir a clases de galego no verán na Universidade de Santiago. Grazas ós contactos conseguiu acceder a esa muller que volveu varias  décadas  despois á nosa terra, moito despois da morte das súas informantes. Ricardo, Richi, Casás Salgado recupera o repertorio da aldea na que botou moitos días de lecer na nenez, pero interpretado coa súa formación de jazz e conservatorio.

Unha web interesante

Volvemos ó hábito de escribir aquí. Hai unha páxina dun amigo que quero recomendar: Páxina de Luis García Corral