Hoxe tocou pola mediodía a ruta dos cemiterios. É a miña celebración dos Defuntos, dos que tanto me deron. Desde Feáns ata San Amaro. Tranvías de La Coruña ten un servizo eficiente de longa distancia e sabendo dos atallos podes aproveita-lo tempo. A morte así tórnase unha lembranza agradecida e chea de paz, cánta paz dá camiñar polo silencio dos nosos antergos camposantos, lonxe de tantos ruídos e da frivolización da morte, ese feito biolóxico que tanto impresiona e que nos deixa fóra de xogo...
Neste blogue tento contar o que son e o que me gusta - En este blog intento contar lo que soy y lo que me gusta
xoves, 27 de outubro de 2022
sábado, 8 de outubro de 2022
Casas
Ao final sempre volvemos ás casas, nelas sentimonos seguros e apoiados.
Por iso alí sempre nos esperan os recordos e procuramos que teñan as máximas comodidades.
martes, 4 de outubro de 2022
Pospandemia
Parece que xa estamos lonxe da pandemia, aínda que aínda hai vacinas por aí para os maiores.
Resucitan os vacinodromos.
Tivemos un verán cun estoupido de vida en tódalas actividades sociais institucionais e informais. Supoño que a intensa calor da que nos lembraremos durante moito tempo deixou ko o virus.
A xente agradeceu volver ó de sempre. Somos seres sociais: somos capaces de arriscarnos por dialogar, compartir cos outros.
mércores, 13 de abril de 2022
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)
O xardín botánico do Burgo
Onte deume por ir ó Paseo da ría do Burgo. Impresiona tanta amplitude e variedade de zonas verdes pegadas ás zonas interiores de lagoas. Tam...
-
Hoxe tocou pola mediodía a ruta dos cemiterios. É a miña celebración dos Defuntos, dos que tanto me deron. Desde Feáns ata San Amaro. Tranví...
-
Hoxe vai de cine. Onte, ó rematar de traballar e tomar algo por aí, no xornal batín cunha peli interesante próxima onde estou e con posibil...
-
Morreu un querido amigo, Carlos García Cortes. Compartimos moitas conversas desas cultas, era un erudito na fe católica, na cultura galega e...