Amosando publicacións coa etiqueta Arte. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Arte. Amosar todas as publicacións

martes, 23 de maio de 2017

Cousas de onte...

O outro día, concretamente hai unha semana, cando tiven que poñer unha película no meu traballo e o reprodutor do formato que agora máis se emprega, o deuvedé, non funcionaba, poucos días despois decateime de que aínda estaba gardado un reprodutor do antigo VHS que aínda funcionaba. Recoñezo que tiven un grande pracer ó ver que o aparello da época do vídeo analóxico e das famosas diapositivas aínda funcionaba.

Vendeuse o formato en deuvedé coma o grande invento, pero non tardou en fallar debido á obsolescencia dos novos aparellos e a facilidade con que se podían raiar os discos debido á excesiva familiaridade no trato doméstico con este sistema de almacenamento de produción artística. Normalmente o VHS, o vinilo e a casete soen tratarse con moito máis coidado e duran máis se están ven conservados. Eu persoalmente cando fotografo non me pasei ó formato dixital e aínda fotografo cos clásicos carretes, porque aínda hai á venda.

luns, 15 de maio de 2017

Jano Muñoz

Jano Muñoz, artista coruñés, expone en el Kiosco Alfonso del Paseo de Méndez Núñez de A Coruña. Su pintura es fotográfica. Está especializado en retratos de personas que posen, conocidas (por encargo) o no y de paisajes.

En determinados retratos la persona ocupa toda la atención porque el fondo es negro. Se centra en la cara y es capaz de captar la expresión del carácter de esa persona. En las pinturas de paisajes llama la atención la multitud de detalles que pinta. Urbano Lugrís también es fotográfico en su pintura aunque en alguna recreación. como el famoso mural del Café Vecchio, no es literal en determinadas partes y crea de su cosecha. Su estilo en determinadas ocasiones acaba venciendo a la fotografía pictórica del lugar.

mércores, 3 de maio de 2017

Urbano Lugrís na Coruña

Desde hai unhas semanas Urbano Lugrís amosa todo o seu esplendor pictórico na nosa cidade a través dunha magna exposición que abrangue tódalas plantas do local do Cantón e inclúe o restaurado mural da Coruña (versión adaptada da mesma península que pintara Baldi no 1669) que estivo no local que ocupou o Banco Hispanoamericano e despois o Vecchio, que se trasladou despois á esquina da Travesía da Mariña.

Con esta mostra, completa e coa visión de toda a obra que Urbano deixou espallada por todo o municipio e resto de Galicia en casas particulares, negocios de hostalería, casas do mar, sanatorios, igrexas (Vilaboa e Visma, esta última en proxecto que non se chegou a realizar) e edificios públicos, a partir do empréstimo das obras dos seus donos, dos fondos de arte de Afundación e de recreacións e fotografías daquelas obras que están pintadas na parede e que non se poden sacar (nalgún caso, coma nun caso da rúa do Pórtico de San Andrés, si se puido sacar), coma no caso do antigo restaurante Fornos. Temos lenzos de grande tamaño, mais tamén letras e miniaturas feitas para a aula infantil da igrexa de Vilaboa (Culleredo) e deseños para cristais.

Urbano tocou case tódalas figuras. Centrouse nos elementos mariños, paisaxísticos e relixiosos. Calquera persoa experta en arte pode identificar ó momento o estilo Lugrís, do mesmo xeito que se pode identificar rapidamente un cadro de Seoane, Díaz Pardo, Laxeiro ou Cebreiro. Mesmo a súa sinatura é tamén unha pequena obra de arte.

As dúas mostras están a poucos metros. Nos días laborables está aberta na maior parte do día ininterropidamente e hai visitas guiadas. Mesmo unha persoa na mesma tarde pode ir á visita guiada do mural coruñés do Vecchio que agora está na sucursal principal de Abanca de San Andrés e despois achegarse á da sede principal do Cantón, que está entre a Fundación Barrié e o edificio do Cine Avenida, coa portada tapada na súa grande parte por publicidade bancaria e que ten a parte superior descuberta.

Coma curiosidade, ó final da exposición da sede do Cantón Grande pódese visitar virtualmente a capela dos Santos Anxos de Bueu, deseñada polo artista e na que houbo cadros del (houbo, por desaparición por roubo).

mércores, 9 de novembro de 2016

Exposicións na Coruña nestas datas...

Hai tres exposicións moi interesantes na cidade da Coruña: a obra de Sorolla distribuída en dúas exposicións (museo de Belas Artes da rúa de Zalaeta e sala de exposicións da Fundación Pedro Barrié de la Maza no Cantón do Obelisco) e outra científica no grande corredor do Fórum Metropolitano da zona do Parque Europa sobre unha grande granxa experimental que había na zona e que ocupaba terreos que hoxe ocupa a saída da Avenida do alcalde Alfonso Molina.

xoves, 30 de xuño de 2016

Por Pontevedra...

Tiven o impulso de ir hoxe a Pontevedra. Sabía dunha nova exposición dedicada a Castelao, e non defraudou, porque ten moita documentación, de tal maneira que tes que ir devagariño, con calma. O museo está aberto todo o día así que hai tempo.

A expo está no último edificio aberto, o máis próximo á zona do río Lérez, nunha das saídas da zona monumental, cada día máis peonil. Fala da estadía de Castelao á Pontevedra nun ano mítico, o da creación na rúa do rego da auga da Coruña das Irmandades da Fala, que tería máis grupos en Galicia, Pontevedra sinaladamente, un foco de creación cultural. Cando Castelao chega, intégrase tanto na vida cultural e logo política que participa na primeira película galega (muda) galega, "Miss Ledya" e despois fará de todo na vila do Lérez: investigacións arqueolóxicas, moitas caricaturas, murais para os cafés do centro, deseños de publicacións da intelectualidade da vila e da época, creación do Museo do que estamos falando, creación do Seminario de Estudos Galegos... Castelao escribe, moito, ós amigos e tamén debuxa e debuxa moito obras de arte que vai encontrando e escenas típicas da sociedade da época...

venres, 1 de xaneiro de 2016

Murais na Coruña...

Onte, ó ver o mural de Camilo Díaz Baliño, pai de Isaac Díaz Pardo, do Belén da Grande Obra de Atocha, do ano 1927, moi ben conservado, pensei que debían estimalo os que defenden a conservación e exposición pública dos murais de edificios de hostalería e outros pintados por Lugrís Freire, en especial o do local que ocupou ata hai pouco o local Vecchio da rúa Real, preto do Obelisco, coa visión particular da liña de costa coruñesa deste pintor que facía a súa arte a cambia de cuncas...

O Filloa con nova web

 Aquí, un adianto da nova web do Filloa...