Amosando publicacións coa etiqueta Lenguas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Lenguas. Amosar todas as publicacións

mércores, 24 de maio de 2017

Carlos Casares

Vimos de celebrar o Día das Letras Galegas, celebración da simbólica data de escrita da dedicatora de Cantares gallegos, libro que inaugura a volta á escrita en idioma galego e agradecemento a unha escritora en lingua castelá que trata respectuosamente a cultura galega.

Este ano está adicado a Carlos Casares, ourensán e un dos máximos símbolos do Grupo Galaxia, grupo do galeguismo que continúa o labor da Xeración Nós e continúa publicando e difundindo o idioma galego sen ter en conta criterios diglósicos. Faino desde a cultura, sabendo que sería suicida unha acción política que queimaría moitas naves. Este labor sentaría as bases para unha acción política que recuperaría o autogoberno galego e as liberdades democráticas.

Debo confesor que Carlos é unha persoa que engaiola e que ME engaiola polo seu declarado amor pola bondade e liberdade. Non dubidou en seguir o seu criterio, ás veces en contra de determinados grupos de opinión que podían ser belixerantes. Carlos nunca deixou o idioma galego e co seu estilo claro e ameno, baseado na vida e nas anécdotas que calquera pode vivir, conseguiu que o idioma galego callase en moita xente, derrubou barreiras e fronteiras. Carlos tiña criterios e tentaba seguilos con coherencia, pero era tolerante e pensaba moito nas outras maneira de vivir coas que se atopaba na vida de cada día, na súa profesión e na súa vida intelectual pero tamén nos seus hábitos domésticos e de vida social pertencente a unha comunidade plural.

martes, 4 de abril de 2017

Ser escritor en galego...

A persoa que segue este blogue xa sabe que se adoita escribir (non só) en galego. O título escribino para que provoque. Normalmente asociamos "escritor-a" a unha persoa que escribe textos que, en distintos xéneros literarios, son publicados. 

Pero todos podemos escribir en galego, xa que calquera pode ter un blogue, unha rede social, unha mensaxería de telefonía móbil. E aí podemos emprega-lo galego, ¿non si? Non é casualidade que Google, Facebook, Twitter, Hotmail inclúan a opción do idioma galego para empregar estes servizos. Nas novas tecnoloxías da comunicación está unha das batallas dun idioma minoritario e minorizado polos complexos diglósicos.

venres, 21 de outubro de 2016

Seguíndomos con explicacións léxicas...

Hai uns días, ó final, falei de dúas palabriñas que estiveron en certa discusión pública hai uns cantos anos, pertencentes á toponimia da miña zona de residencia: "Gramela" e "Silva". Expertos defendían que son castelanismos. Nada máis lonxe da realidade. "Gramela" está documentada en dicionarios antigos e o sufixo "-ela" testemuña a súa galeguidade; se cadra houbo confusión co próximo topónimo "Grela, Agrela", pero son palabras distintas (as gramelas non teñen nada que ver nin coas agras nin cos agros). "Silva" é palabra enxebre galega, documentada no portugués, como "gramela", traducido en castelán coma "zarza", por iso a solución "silveira" non ten ningún sentido. E seguramente a palabra "Silva" teña varios séculos de vida ó pertencer esta zona da Coruña á antiga parroquia de Oza.

No fondo, falta consultar dicionarios e mapas antigos (ou simplemente a internet) antes de dar solucións ás cegas.

mércores, 18 de maio de 2016

De expo fotográfica...

Me encantan las exposiciones. Por eso es un placer doble tener estos días en el salón de actos de mi parroquia católica una exposición que refleja con fotos y montajes audiovisuales que se proyectan en el tiempo de visitas públicas las cinco décadas de existencia de esta comunidad de creyentes, que empezó su vida en plena aldea dentro de la ciudad (esta zona era considerada periferia y había que subir desde la zona baja del puerto y del ensanche una larga cuesta). Hoy no se nota tanto la subida a una zona de altura pronunciada al estar muy urbanizada, pero sí que se deja notar en el cansancio cuando se llega hasta la zona de "Las Conchiñas", como es llamada popularmente mezclando gallego y castellano.

Desde las fotos en blanco y negro de las excursiones dentro y fuera del término municipal (O Portiño, Portonovo, Madrid...) y las comuniones en la antigua capilla del desaparecido colegio de La Grande Obra de Atocha en la zona del Ventorrillo, junto a la Silva hasta las fiestas juveniles y de colaboradores que se hacían en el mítico sótano de la calle Barcelona en la década de los noventa, reflejan la unión y el entusiasmo de un grupo grande de gente que ha luchado siempre por su comunidad y por su barrio, también por su cultura gallega, expresada en su lengua, defendida por sus escritores con fechas tan emblemáticas como el 17 de mayo para Rosalía (cumpleaños de su marido, el primer presidente de la Real Academia Galega, y dedicatoria del primer libro editado en gallego en Galicia después de siglos de estar relegado al ámbito oral).

martes, 17 de maio de 2016

Día da nosa fala hoxe!

Vou romper a norma de alternar idiomas. Hoxe celebramos, mercé a Rosalía, que saímos no 1863 dos séculos escuros e se comezou a publicar literatura en galego. Eu son neofalante: de neno, debido ó contexto, falei en castelán. Na Universidade, co agromar da consciencia, comecei a empregar habitualmente o galego, sen abandonar o castelán por motivos afectivos pero introducindo o galego cando podo e empregando para min o noso idioma.

O que si nunca farei é ser diglósico no bilingüismo: emprego o galego nos ámbitos cultos, tamén, como podo utilizar neses contextos o castelán, é dicir, non uso só o galego coa señoriña de aldea ou en contextos coloquiais.

luns, 16 de maio de 2016

Próximo ás Letras...

Mañá é o Día das Letras Galegas na miña terra. ¿Por que se celebra? Desde o ano 1963 lémbrase a un autor ou a unha autora que dignificase o galego coa súa obra escrita en galego ou en castelán defendendo a dignidade do idioma. Estou pensando en don Manuel Murguía, primeiro presidente da Real Academia Galega, que escribiu pouco en galego pero que defendeu a validez no ámbito formal dun dos meus idiomas, que falto tódolos días.

Precisamente o 17 de maio é a data de aniversario de don Manuel e nese día escribe a súa dona, a arquicoñecida Rosalía de Castro a súa dedicatoria de Cantares Gallegos a Fernán Caballero (Cecilia Böhl de Faber), que foi unha escritora que non se burlou dos galegos, coma agasallo de aniversario.

Letras galegas están inevitablemente unidas ó compromiso de manter vivo o idioma galego (que, moito olliño, non é un dialecto do portugués). Nese compromiso está o profesor e músico Ricardo Marcos Casás Salgado, que recreou, co seu estilo de seguidor do jazz e do blues, as antigas foliadas que a súa avoa e a irmá da súa avoa facían na Vila da Igrexa, no municipio coruñés de Cerceda, cun repertorio que foi recollido pola investigadora suíza Dorothé Schubarth e publicado pola Fundación coruñesa Pedro Barrié de la Maza. O labor de Ricardo Marcos está unido non só ó goce estético senón tamén ó desexo de que a lingua da súa familia non morra, ó fusionar repertorio tradicional con estilos doutros países e doutros contextos e ó empregar o idioma galego nas letras e nas intervencións feitas cara ó auditorio. Fíxose un primeiro concerto o xoves pasado no Museo do Pobo Galego de Santiago de Compostela, no Convento de San Domingos de Bonaval, próximo á rúa de San Pedro e á Porta do Camiño. Foi un pracer asistir e destina-lo tempo libre persoal ó deleite e tamén ó compromiso cunha cultura concreta, a miña, da que procedemos, aínda que naceramos en plena cidade e empezaramos a falar en castelán na nenez, a pesar de que o galego non só estaba presente na miña familia paterna e na aldea (Carripás-Teixeiro-Concello de Curtis) á que volviamos en agosto senón tamén na escola, na televisión e nas misas dominicais.

mércores, 11 de maio de 2016

Niños que hablan en gallego

Me acabo de tropezar con un niño que en plena urbe gallega habla gallego, algo muy difícil de encontrar... Es la mejor manera de celebrar nuestras letras el próximo 17 de mayo...

domingo, 17 de abril de 2016

De linguas...

As persoas que me seguen un chisco saben que alterno os dous idiomas da miña terra. De distintas maneiras. Unha entrada nun idioma, e outro noutro. Ou, se o texto é curtiño, redacto a mesma frase nos dous idiomas. Ás veces tendemos a pensar que se debería empregar só o castelán ou español para chegar a máis xente, pero esquecemos que co meu idioma pequeno, o galego, chegamos tamén á lusofonía. Pensemos en Brasil, tan grande e tan inmenso, ó que podemos chegar por un idioma que na idade media estivo unido a este no que escribo...

mércores, 16 de setembro de 2015

Mis idiomas...

Nueva entrada en este diario público. Hoy toca escribir en castellano, y hablaré de mis lenguas, es decir, de las lenguas de Galicia.

Nací en un entorno urbano: por lo tanto, mi lengua fue el castellano, pero el gallego también estaba presente en mi vida por la familia, la escuela, la Iglesia, la tele... Pero, evidentemente, con pocos años sólo tiendes a hablar en un idioma.

Incorporé el gallego en la época de la Universidad (Maxisterio en la Universidade da Coruña). Lo hablaba siempre que podía sin abandonar el castellano. Lo hablé en esa época más que actualmente. Lo hablaba porque me gustaba, así, sencillamente, y quería hablarlo. Fui mejorando al hablarlo. 

En Galicia siempre ha habido un fuerte debate sobre la desaparición del gallego: yo pienso que eso aún está muy lejos. La dictadura franquista no hizo mella, porque el pueblo lo siguió hablando, y se consiguieron avances en la sociedad que dan más ganas de no abandonar el gallego. Aunque aún sigue habiendo los de "todo en castellano, me tienes que hablar en castellano". Aún se sigue hablando mucho, la gente quiere hablar en gallego... Lo fundamental es hablarlo a los hijos en la casa y fuera de ella.

O Filloa con nova web

 Aquí, un adianto da nova web do Filloa...