Amosando publicacións coa etiqueta Empleo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Empleo. Amosar todas as publicacións

sábado, 14 de xaneiro de 2017

Cursos de formación de Cáritas Interparroquial da Coruña

Presento a información dos cursos de formación de Cáritas Interparroquial da Coruña. O Centro Violetas está no Barrio das Flores, nunha das beirarrúas da Avenida de Monelos na que xa hai bloques deste barrio da Coruña que gañou nos anos sesenta do século pasado un premio de arquitectura nacional.

CURSO  DE  MAQUINISTA  DE  CONFECCIÓN  INDUSTRIAL
Formación con prácticas en empresas
Dirixido a mulleres e homes carentes de emprego
15 de febreiro ó 23 de xuño
8.30 a 14.30 hs.
Luns a venres
Inscrición presencial: 16 ó 31 de xaneiro
Centro de formación Violetas: rúa das Violetas, 36 (Barrio das Flores, xunto á Avenida de Monelos)
Horario: 9 a 15 hs.
Teléfono de información: 981287990
Correo electrónico: formacionvioletas@caritascoruna.org
------------------------------------------------------
CURSO  DE  REFORMAS  DE  INTERIORES  E REVESTIMENTOS
 Formación con prácticas en empresa
Dirixido a homes e mulleres carentes de emprego
Do 8 de febreiro ó 10 de xullo
Horario: 8.30 a 14.30 hs.
De luns a venres
Inscrición presencial: do 16 ó 31 de xaneiro
Centro de formación Violetas: rúa das Violetas, 36 (Barrio das Flores, xunto á Avenida de Monelos)
Horario de inscrición: 9 a 15 hs.
Teléfono de información: 981287990
Correo electrónico: formacionvioletas@caritascoruna.org

luns, 26 de setembro de 2016

Cursos de cualificación laboral na Coruña...

Curso de formación para auxiliar de servizo doméstico (con formación en prácticas de empresa, dirixido a homes e mulleres que están en desemprego). Do 25 de outubro ó 28 de novembro, de luns a venres, de 9 a 14 hs. Inscrición presencial: do 26 de setembro ó 6 de outubro de 9 a 14 hs.
Clases de educación de adultos. Outubro a xuño. Inscrición ata o 3 de outubro, de 9 a 14 hs.
Clases de competencias chave nivel II en matemáticas, castelán, galego e inglés. Preparación ata a data do exame. Inscrición presencial de 9 a 14 hs. deica o 3 de outubro.
TÓDOLOS CURSOS NO CENTRO DE FORMACIÓN VIOLETAS DO BARRIO DAS FLORES (Ó LADO DA AVENIDA DE MONELOS): rúa das violetas, 36, A Coruña, 981287990, formacionvioletas@caritascoruna.org

martes, 2 de agosto de 2016

"Mulleres colleiteiras"

Non sei se falei neste blogue das mulleres colleiteiras. Xa sabía hai anos deste proxecto de inserimento social e laboral de xente desfavorecida por dobre motivo: muller e xitana. Unha boísima persoa asesorou cos seus coñecementos a posta en marcha de maneira firme deste proxecto, en colaboración con Arquitectos sen fronteiras.

Estas mulleres loitadoras conseguiron o asentamento definitivo do seu proxecto conseguindo que sexa viable empresarialmente. Traballan cunha idea pouco ou nada posta en marcha na ecoloxía urbana: o destino do aceite usado na cociña doméstica. Para evitar que vaia polos sumidoiros ou polos oceanos, dada a súa dificultade de tratamento, elas encárganse de recollela, almacenala, tratala con coidado e vendela a unha empresa especializada. Agora deuse un paso de xigante ó facerse o mesmo que cos recipientes de recollida de roupa: poñer recipientes de recollida de xente en lugares de paso de moita xente (mercados, por iso da merca de alimentos para cociñar, e centros cívicos, pola xente que ten polas actividades e servizos). Ten que ser aceite doméstico de cociña e introducido en botella pechada (coma a roupa, que ten que ir, nos recipientes brancos, en bolsa pechada, pois pode bloquear o torno -ten pasado-).

Vodas de ouro

 Tamén era domingo cando fai cincuenta anos estas dúas belezas decidiron casar... orgulloso deles sempre... mágoa que o xardín de San Carlos...