Amosando publicacións coa etiqueta Arteixo. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Arteixo. Amosar todas as publicacións

domingo, 9 de xullo de 2017

Ganas de publicar...

Recoñezo que xa tiña eu ganas de publicar, pero sempre están dous inimigos: a preguiza e a falta de ideas para expresar aquí a todo o mundo por medio deste blogue público.

O pasado día 28 de xuño, mércores, decidín esgotar o derradeiro cartucho das vacacións deste ano cun camiño que xa había moito tempo que non facía: ir até a zona de Suevos, por Arteixo, pola liña de costa, andando, baixando desde a Agra pola Ronda de Outeiro, a vía máis grande de todo o concello da Coruña (non lle chamo cidade porque tamén ten zonas rurais), que vai dende distintas zonas do grande oceano, desde a zona de Oza (San Diego) ata San Roque de Fóra, no Labañou. A partir de aí, toca seguir todo recto pasando polas zonas do Parque de San Pedro, O Portiño (chamado antigamente polos de San Pedro de Visma a Seavella), parque de Montalbo ou Bens, zona da depuradora de augas, a cala da aldea de Bens e despois cómpre ascender pola pequena estrada da zona de cantís para chegar primeiro ó porto e ó polígono de Suevos e despois á travesía de Suevos.

Como xa había tempo que non ía, sorprendeume unha ponte que conecta coa autoestrada que leva ó porto exterior de Arteixo de Punta Langosteira. Adentreime un pouco pola zona de Suevos e descubrín un pequeno parque infantil e a igrexa parroquial (queda para outra vez ver este templo máis de preto). Tocaba volver e, como sabía que desde había uns meses está acondicionada unha senda que ascende ata o núcleo de Bens, quixen subir ata as casas dunha aldea que apenas ten diferenzas notables desde hai décadas. A partir de aquí toca seguir pola estrada que desemboca na zona da Moura-Silva con parada para tomar algo no bar do edificio da Asociación Veciñal que tamén acolle as eucaristías dominicais para a xente da zona (con moitísima xustificación porque desde a zona da Refinería ata o Ventorrillo-Agra-Polígono aínda hai un bo anaco só con casas).

martes, 28 de xuño de 2016

El castro de Pastoriza...

En tiempo libre siempre aprovechas para repetir acciones que te han gustado o para explorar caminos nuevos... Nunca mejor dicho, porque un camino inexplorado por mí, aunque sabía de su existencia, me llevó a un castro que ha sufrido una ruptura por ignorancia y por hacer labores agrícolas sin tener cuidado. Este castro es el de Pastoriza, en Arteixo, al subir por Borroa e ir por el camino rural que va al santuario mariano de esa zona.

Este castro está cerca de una joyita medioambiental, el parque de Monticaño, con unas excelentes vistas de Punta Langosteira, Suevos y el Puerto Exterior de Arteixo (porque está en este municipio, no en el mío, A Coruña).

venres, 25 de setembro de 2015

Contaminación lumínica

Onte volvín ó Museo Nacional de Ciencia para ver devagar as expos. Interesábame sobre todo a do último andar que fala do mellor aproveitamento lumínico, sobre o "apagado dos ceos" nas noites das nosas cidades e os modelos de farolas, bombillas e iluminacións máis axeitadas para os nosos entornos urbanos.

E non puiden evitar fixarme en toda a iluminación nocturna do camiño que vai desde o centro urbano de Arteixo pasando por Groufa, Sabón, Oseiro, Pastoriza e Meicende. Demasiadas farolas, moitas pegadas as unhas ás outras, iluminación de negocios e empresas de Meicende e Nostián, sobre todo no entorno da Refinería... Así as nosas noites non son mouras, senón alaranxadas ou esbrancuxadas... e só vémo-la lúa, sobre todo cando está en todo o seu esplendor coma onte...

Vodas de ouro

 Tamén era domingo cando fai cincuenta anos estas dúas belezas decidiron casar... orgulloso deles sempre... mágoa que o xardín de San Carlos...