As "catedrais" de Santiago...
Puxen o título dun xeito especial, pero vaise entender. O xoves aproveitei e, ao non ter compromisos e non estar aínda en temporada de Nadal (antes e durante), puiden ir a unha cidade á que, realmente, se pode ir sen ter un motivo, simplemente o de gozar polas súas zonas vella e nova. Compostela ten moi coidadas as zonas verdes e iso é un descanso para os sentidos. Non é doada a visita ás alturas da Catedral de Santiago de Compostela polo tirón que ten e máis agora que existe a reserva por internet. Arrisquei e fun sen reservar á primeira hora. Co tren é sinxelo, estás nun chiscar de ollos na rúa do Hórreo e sobes por Orfas. Desviei cara á Rúa Nova e de aí por Xelmírez. A praza do Obradoiro estaba deserta. O grupo subiu ata a sala da exposición das esculturas do Mestre Mateo que estivo no Museo del Prado onde a guía, amable e clara, falou sobre a escultura do salón (salón de banquetes con escenas curiosamente de época con músicos e gastronomía e non estritamente relixiosa) e sobre a