Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2018

Esperando..

Imaxe

II do Advento

Imaxe

Primeiro domingo de Advento

Imaxe

Na lista de Coruña Bloggers

Hoxe, buscando un blogue no listado da páxina de Coruña Bloggers, atopei o meu. O meu máis sincero agradecemento.

Por Sta. Icía-Cecilia...

Imaxe

No Acuario da Coruña...

Imaxe
Da miña visita do pasado xoves ó Acuario coruñés dentro da Semana da Ciencia, con entrada gratuíta os museos municipais do meu concello. Son medusas.

Ferrol

Imaxe

Graciñas.

Graciñas a Coruña Bloggers polo interese no meu blogue.

Desde a miña casa...

Imaxe

"Unha historia de amor"

Deixo unha creación miña publicada na semana pasada na Voz de Galicia: Unha historia de amor

Los veranos en la aldea...

Una persona a la que aprecio comentó hace unos días sus experiencias en la aldea. Aunque yo ahora no vaya a la aldea por distintas razones, me acuerdo de que eso en la infancia equivalía a viajar a otro país, porque era otro mundo. Una aldea al lado de una de las villas del Ayuntamiento (Teixeiro en Curtis), con corredoiras, prados, ríos, aldeas con casas pequeñas, la vía del tren que marcaba la frontera de Carripás (Carroipaz), la casa humilde con pozo, huerta y establo con conejitos y demás animales. Vida tranquila, ir a la villa por la compra, hablar mucho con la gente, la leche entregada fresca todas las mañanas, el chocolate de la merienda...

En Santiago...

Moito tempo de ausencia por estes lares... O medo á páxina en branco... Hoxe quero volver facendo memoria duns días nos que rompo completamente coas inercias do ano. Adoito pasar uns días en Santiago... Encántame o desafío de compartir vivenda e de convivir cunha persoa... Santiago ten o engado de ter moita zona verde (aquí na Coruña estamos obsesionados por construír e urbanizar as poucas zonas rurais que aínda temos, consideramos perda dar terreos para centros de cultura para a xente, residencias para os máis necesitados e parques con distintas dotacións...) e de ter moi ben coidada a zona monumental e patrimonial. Santiago para min está asociada á época da carreira universitaria de finais da pasada década, cando botaba todo o día na facultade, nos centros universitarios e tamén no concello, aínda que volvía eu á Coruña. Dadas as súas identidades rural e xacobea, tiña moito que ofrecerme intelectualmente. Recoñezo que non contaba con volver, pero supoño que o seu atractivo é irres

Un recuncho da miña casa...

Imaxe
Con esta foto réndolle gratitude a dúas persoas vitais na miña existencia: a miña nai, Ana María Seijas Valledepaz e María de los Ángeles (Ángela) Soilán González, pintora desta lámina, agasallo por un aniversario de hai anos, que tenta representa-las mans da miña nai, modista. Beizón ás dúas.

En San Xoán de Caaveiro...

Imaxe
Na subida ó mosteiro de San Xoán de Caaveiro, na ponte de Santa Cristina, despois do camiño dos encomendeiros e antes do da Ventureira (Fragas do Eume). https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/fragas-do-eume-ventureira-canon-do-eume-caaveiro-14609676/photo-9102613

Feliz cumple, mami!

Hoy mi madre cumpliría años. Me dejó ya hace algún tiempo. Tuve el gran privilegio, a lo mejor la única cosa buena que he hecho en mi vida, de besar su cara en los últimos días, cuando ya nada me podía dar, ni siquiera era consciente, cuando su cuerpo se deshacía por la enfermedad que la corroía por dentro... Me acordaré siempre de que ella era supercomprensiva y que, aunque yo metía la pata de una manera brutal, me defendía ante mi padre. Lamento no haber hablado más con ella, sé que estuvo ella orgullosa de mí hasta el último momento consciente...

Curiosidades...

Levo tempo sen publicar. Fareino con este pequeno texto posto noutro sitio... "Encantoume onte o artigo de Xosé Alfeirán sobre a antiga ermida medieval da Illa do Pé ou de San Coral (Conrado) na zona do monte de San Pedro, adicada a San Coral. Nos textos antigos figuraba como punto de referencia con respecto á Torre de Faro (Faro é o antigo nome de Coruña e Torre de Faro é a Torre de Hércules, tamén chamado Castillo Viejo). É a illa que, indo cara ao Portiño ou Seavella, ten un pequeno camiño de rochas en marea baixa."

Por Vigo...

O pergamiño Vindel, que normalmente está en América e que ata este domingo día 4 de marzo estará polas terras das que fala (as ondas do mar de Vigo), animoume a ir nun día libre ata Vigo. Normalmente soe haber rápidos por vía ferroviario que te deixan nunha hora e media no centro de Vigo. Estiven unha miguiña despistado porque unha das liñas que te leva ata a zona de Bouzas, zona costeira e portuaria desde onde se poden ver as Cíes, por estar na parada desaxeitada, non na beirarrúa da estación de trens, levoume ata a outra punta, O Castro, onde asenta a Universidade. Seguín na mesma liña, que me levou ata o Museo do Mar, pero tiven que volver pola tarde, pasear antes por Vigo e polas súas praias para facer tempo antes de entrar ás cinco da tarde e ver unhas instalacións que enganan porque hai moito que ver dentro ata ver o Vindel, que está ao final das exposicións.  O Museo non só alberga descrición histórica mariña mundial e galega senón que tamén acubilla pequenas exposición