Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Febreiro, 2018

Por Vigo...

O pergamiño Vindel, que normalmente está en América e que ata este domingo día 4 de marzo estará polas terras das que fala (as ondas do mar de Vigo), animoume a ir nun día libre ata Vigo. Normalmente soe haber rápidos por vía ferroviario que te deixan nunha hora e media no centro de Vigo. Estiven unha miguiña despistado porque unha das liñas que te leva ata a zona de Bouzas, zona costeira e portuaria desde onde se poden ver as Cíes, por estar na parada desaxeitada, non na beirarrúa da estación de trens, levoume ata a outra punta, O Castro, onde asenta a Universidade. Seguín na mesma liña, que me levou ata o Museo do Mar, pero tiven que volver pola tarde, pasear antes por Vigo e polas súas praias para facer tempo antes de entrar ás cinco da tarde e ver unhas instalacións que enganan porque hai moito que ver dentro ata ver o Vindel, que está ao final das exposicións.  O Museo non só alberga descrición histórica mariña mundial e galega senón que tamén acubilla pequenas exposición