Sen dúbida ningunha, o Gaiás-Cidade da Cultura non pasa desapercibido... Tanto por vela ó chegar en tren como pola polémica do investimento... Eu tíveno doado para ir por vivir durante un tempo en Fontiñas e por gustar de Área Central e do Sar, aínda que hai outra vía desde Patio de Madres ó carón das Mercedarias, próximo á praza de Galicia e da rúa do Hórreo. Este último camiño ten a vantaxe de que podes ver e entrar na colexiata do Sar e ver a ponte do Sar e despois subir até o monte pola rúa de Diego Bernal. Por esta zona ten o grande encanto de subir polo Bosque de Galicia, que se converterá co tempo nunha zona frondosa... A vista de Santiago desde aquí non ten prezo... No Gaiás hai exposicións a miúdo e está a sede do Arquivo de Galicia con Biblioteca. Tamén ten espazo para as novas tecnoloxías e as persoas emprendedoras. Soe acoller actos da Xunta de Galicia. Se callar con proxecto moito menos ambicioso sería moito máis rendible e acollería proxectos interesantes. Nos ú