Amosando publicacións coa etiqueta Cartas. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Cartas. Amosar todas as publicacións

mércores, 9 de decembro de 2015

Nadal...

Falei aquí de cómo fago o Belén. Hoxe falo, aínda que non as puxen aínda, porque aínda estamos no Tempo do Advento e ademais estou mergullado noutros mesteres, das luces. 

Conservo as da nenez, xunto con outros adornos daquela época, na caixa antiga que está enriba do grande moble da saliña de estar... Quedaron outros recordos que non se tiraron, coma as postais que enviaba o banco, cos cadros preciosos da Natividade que están nas coleccións privadas do grande capital... Hoxe a xente xa non envía felis por carta, con sobre cos enderezos escritos de xeito manuscrito, e co selo (a garavata das cartas)...

Aínda funcionan e as súas luces alumean o noso corazón. O que garda a memoria do pasado protexe e defende a súa identidade, as súas raíces, a familia que lle deu todo, que o ensinou os valores da nobreza humana (que para min e para a miña familia nacen do Portal de Belén).

venres, 20 de novembro de 2015

Para o Nadal...

Xa que agora xa vai vir o tempo do Nadal, é bo que non se perda o costume de enviar ó círculo de achegados-as as nosas felicitacións, compradas ou editadas, cunhas letriñas manuscritas... Que non se perda a grata sorpresa de que os nosos atopen na súa caixa de correo unha cartiña de papel co enderezo escrito a mao que se cadra non agardaban nin por casualidade...

Vodas de ouro

 Tamén era domingo cando fai cincuenta anos estas dúas belezas decidiron casar... orgulloso deles sempre... mágoa que o xardín de San Carlos...