martes, 30 de maio de 2023

O xardín botánico do Burgo

Onte deume por ir ó Paseo da ría do Burgo.
Impresiona tanta amplitude e variedade de zonas verdes pegadas ás zonas interiores de lagoas. Tamén hai moito baño que non hai na zona similar de Coruña.
Hai obras de dragaxe interna da ría, así que hai que dar un desvío, xa próximo á zona residencial do Burgo.
Atopei a entrada do xardín botánico da ría do Burgo. Quedaba tempo antes de que péchase, así que entrei.
Está dividido en dúas zonas diferenciadas: unha que ten un edificio para actividades de natureza, con grande arboreda, e outro sen bosque, destinado a hortas urbanas, con obras que veñen de obradoiros de formación profesional enfocado a actividades de xardinería e equipamento desta serie de espazos. Logo souben que se soe aproveitar esta explanada para infraestrutura de grandes concertos (de aí que non sexa un bosque coma a outra área, na que hai concertos de estilos musicais máis tranquilos e pequenos, coma jazz, por exemplo).
A zona de bosque encanta para desconectar, aínda que lle falte mantemento en equipamento coma pontes e letreiros.
Falta tamén máis sinalización porque nin desde o paseo da ría nin desde a estrada principal de Acea da Ma e O Burgo se ve claramente a zona de entrada principal.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...