Santiago para min está asociada á época da carreira universitaria de finais da pasada década, cando botaba todo o día na facultade, nos centros universitarios e tamén no concello, aínda que volvía eu á Coruña. Dadas as súas identidades rural e xacobea, tiña moito que ofrecerme intelectualmente. Recoñezo que non contaba con volver, pero supoño que o seu atractivo é irresistible. A catedral, nos días da miña estadía, lucía coa fachada e co Pórtico limpos e coa faciana de hai séculos... Non fun este ano ó Gaiás, que non existía na miña época universitaria e que me engaiola cos seus bosques e instalacións que acolllen distintas ofertas culturais. Tampouco fun a museos ós que adoito ir, pero encantoume pasear pola zona de San Pedro e polo casco antigo.. O ritmo urbano de xentes da zona do Ensanche-Alameda é algo que me atrae, tamén...
Neste blogue tento contar o que son e o que me gusta - En este blog intento contar lo que soy y lo que me gusta
venres, 27 de xullo de 2018
En Santiago...
Moito tempo de ausencia por estes lares... O medo á páxina en branco... Hoxe quero volver facendo memoria duns días nos que rompo completamente coas inercias do ano. Adoito pasar uns días en Santiago... Encántame o desafío de compartir vivenda e de convivir cunha persoa... Santiago ten o engado de ter moita zona verde (aquí na Coruña estamos obsesionados por construír e urbanizar as poucas zonas rurais que aínda temos, consideramos perda dar terreos para centros de cultura para a xente, residencias para os máis necesitados e parques con distintas dotacións...) e de ter moi ben coidada a zona monumental e patrimonial.
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Carroipaz
Nesta aldea medrou o meu pai de neno e eu botei aí moitos agostos. Conseguín esta foto da entrada da Galipedia deste lugar. Carripás, Carroi...
-
Google Plus desaparece. Loxico. Non tiña audiencia. Gustaba estar sen arriscarse a ser fusilado. Pero tamén é certo que eu non fun searei...
-
Deixo por aquí un folleto e unha foto das Fragas. Boa tarde deste entroido encetado... Fontes: eumeturismo.org e turismo.gal Tríptico ...
-
Onte deume por ir ó Paseo da ría do Burgo. Impresiona tanta amplitude e variedade de zonas verdes pegadas ás zonas interiores de lagoas. Tam...
Ningún comentario:
Publicar un comentario