sábado, 26 de maio de 2018

Un recuncho da miña casa...

Con esta foto réndolle gratitude a dúas persoas vitais na miña existencia: a miña nai, Ana María Seijas Valledepaz e María de los Ángeles (Ángela) Soilán González, pintora desta lámina, agasallo por un aniversario de hai anos, que tenta representa-las mans da miña nai, modista. Beizón ás dúas.

sábado, 12 de maio de 2018

En San Xoán de Caaveiro...

Na subida ó mosteiro de San Xoán de Caaveiro, na ponte de Santa Cristina, despois do camiño dos encomendeiros e antes do da Ventureira (Fragas do Eume).
https://es.wikiloc.com/rutas-senderismo/fragas-do-eume-ventureira-canon-do-eume-caaveiro-14609676/photo-9102613

xoves, 19 de abril de 2018

Feliz cumple, mami!

Hoy mi madre cumpliría años. Me dejó ya hace algún tiempo. Tuve el gran privilegio, a lo mejor la única cosa buena que he hecho en mi vida, de besar su cara en los últimos días, cuando ya nada me podía dar, ni siquiera era consciente, cuando su cuerpo se deshacía por la enfermedad que la corroía por dentro...
Me acordaré siempre de que ella era supercomprensiva y que, aunque yo metía la pata de una manera brutal, me defendía ante mi padre. Lamento no haber hablado más con ella, sé que estuvo ella orgullosa de mí hasta el último momento consciente...

martes, 3 de abril de 2018

Curiosidades...

Levo tempo sen publicar. Fareino con este pequeno texto posto noutro sitio...

"Encantoume onte o artigo de Xosé Alfeirán sobre a antiga ermida medieval da Illa do Pé ou de San Coral (Conrado) na zona do monte de San Pedro, adicada a San Coral. Nos textos antigos figuraba como punto de referencia con respecto á Torre de Faro (Faro é o antigo nome de Coruña e Torre de Faro é a Torre de Hércules, tamén chamado Castillo Viejo). É a illa que, indo cara ao Portiño ou Seavella, ten un pequeno camiño de rochas en marea baixa."

martes, 27 de febreiro de 2018

Por Vigo...

O pergamiño Vindel, que normalmente está en América e que ata este domingo día 4 de marzo estará polas terras das que fala (as ondas do mar de Vigo), animoume a ir nun día libre ata Vigo. Normalmente soe haber rápidos por vía ferroviario que te deixan nunha hora e media no centro de Vigo.

Estiven unha miguiña despistado porque unha das liñas que te leva ata a zona de Bouzas, zona costeira e portuaria desde onde se poden ver as Cíes, por estar na parada desaxeitada, non na beirarrúa da estación de trens, levoume ata a outra punta, O Castro, onde asenta a Universidade. Seguín na mesma liña, que me levou ata o Museo do Mar, pero tiven que volver pola tarde, pasear antes por Vigo e polas súas praias para facer tempo antes de entrar ás cinco da tarde e ver unhas instalacións que enganan porque hai moito que ver dentro ata ver o Vindel, que está ao final das exposicións. 

O Museo non só alberga descrición histórica mariña mundial e galega senón que tamén acubilla pequenas exposicións temporais doutros estilos. Para min foi unha grande alfaia ver o castro no exterior, moi ben conservado e con grande riqueza de fondos atopados que se custodian no museo (normalmente soe encontrarse pouco debido ao expolio da xente). Faltoume por visitar o acuario, queda para outra mellorada... En Vigo impresionan as instalacións portuarias, o famoso Berbés, cunha grande industria. Fixeime no anuncio nunha futura exposición, naquel día de visita, da conmemoración dos 150 anos da visita do capitán Nemo á ría de Vigo...

domingo, 31 de decembro de 2017

Despedímo-lo Ano...

Un ano fóra, outro que vai vir, puiden volver ao barrio de Fontiñas en Santiago de Compostela e facer escapadas ás Fragas do Eume, tamén seguir loitando e non deixarme asoballar e gozar co amor sincero das persoas boas que me acompañan neste camiñar da vida... Feliz ano de corazón...

domingo, 24 de decembro de 2017

Bo Nadal - Feliz Navidad

Na lembranza desta Noite compartida coa familia... - En memoria de esta Noche compartida con la familia...

O Filloa con nova web

 Aquí, un adianto da nova web do Filloa...