Sen dúbida ningunha, o Gaiás-Cidade da Cultura non pasa desapercibido... Tanto por vela ó chegar en tren como pola polémica do investimento... Eu tíveno doado para ir por vivir durante un tempo en Fontiñas e por gustar de Área Central e do Sar, aínda que hai outra vía desde Patio de Madres ó carón das Mercedarias, próximo á praza de Galicia e da rúa do Hórreo.
Este último camiño ten a vantaxe de que podes ver e entrar na colexiata do Sar e ver a ponte do Sar e despois subir até o monte pola rúa de Diego Bernal. Por esta zona ten o grande encanto de subir polo Bosque de Galicia, que se converterá co tempo nunha zona frondosa... A vista de Santiago desde aquí non ten prezo... No Gaiás hai exposicións a miúdo e está a sede do Arquivo de Galicia con Biblioteca. Tamén ten espazo para as novas tecnoloxías e as persoas emprendedoras. Soe acoller actos da Xunta de Galicia.
Se callar con proxecto moito menos ambicioso sería moito máis rendible e acollería proxectos interesantes. Nos últimos tempos houbo exposicións sobre termalismo, a madeira, Novoneira... Fan magostos e proxeccións de películas feitas en Galicia... Para estudar e ler tranquilamente despois dunha boa camiñata a Biblioteca de Galicia dá paz e acougo...
Ningún comentario:
Publicar un comentario