Non sei se falei neste blogue das mulleres colleiteiras. Xa sabía hai anos deste proxecto de inserimento social e laboral de xente desfavorecida por dobre motivo: muller e xitana. Unha boísima persoa asesorou cos seus coñecementos a posta en marcha de maneira firme deste proxecto, en colaboración con Arquitectos sen fronteiras.
Estas mulleres loitadoras conseguiron o asentamento definitivo do seu proxecto conseguindo que sexa viable empresarialmente. Traballan cunha idea pouco ou nada posta en marcha na ecoloxía urbana: o destino do aceite usado na cociña doméstica. Para evitar que vaia polos sumidoiros ou polos oceanos, dada a súa dificultade de tratamento, elas encárganse de recollela, almacenala, tratala con coidado e vendela a unha empresa especializada. Agora deuse un paso de xigante ó facerse o mesmo que cos recipientes de recollida de roupa: poñer recipientes de recollida de xente en lugares de paso de moita xente (mercados, por iso da merca de alimentos para cociñar, e centros cívicos, pola xente que ten polas actividades e servizos). Ten que ser aceite doméstico de cociña e introducido en botella pechada (coma a roupa, que ten que ir, nos recipientes brancos, en bolsa pechada, pois pode bloquear o torno -ten pasado-).
Ningún comentario:
Publicar un comentario