Ao final sempre volvemos ás casas, nelas sentimonos seguros e apoiados.
Por iso alí sempre nos esperan os recordos e procuramos que teñan as máximas comodidades.
Neste blogue tento contar o que son e o que me gusta - En este blog intento contar lo que soy y lo que me gusta
Ao final sempre volvemos ás casas, nelas sentimonos seguros e apoiados.
Por iso alí sempre nos esperan os recordos e procuramos que teñan as máximas comodidades.
Volvín ás Fragas. Levaba tempo sen ir, uns cantos anos, desde antes desta pandemia. A preguiza ten estas cousas.
É curioso como toda a xente coa que te topas polo camiña saúda. Iso sempre sorprende. Por que?
Ver as distintas construcións humanas ao longo do camiño contribúen a facer ameno o camiño. Alegra ver ao final a torre da campá do mosteiro que che di que o que se empezou no centro de Pontedeume ten a súa recompensa coa beleza do mosteiro, illado dentro da natureza que domina todo ó seu redor e que te mergulla noutro planeta, e coa vista da paisaxe.
Conseguiu acceder ás cancións da súa avoa que escoitara de neno grazas ó labor dunha musicóloga que percorreu Galicia despois de asistir a clases de galego no verán na Universidade de Santiago. Grazas ós contactos conseguiu acceder a esa muller que volveu varias décadas despois á nosa terra, moito despois da morte das súas informantes.
Ricardo, Richi, Casás Salgado recupera o repertorio da aldea na que botou moitos días de lecer na nenez, pero interpretado coa súa formación de jazz e conservatorio.
Volvemos ó hábito de escribir aquí.
Hai unha páxina dun amigo que quero recomendar:
Tamén era domingo cando fai cincuenta anos estas dúas belezas decidiron casar... orgulloso deles sempre... mágoa que o xardín de San Carlos...