O martes pasado gocei dun breve concerto nocturno nun local que xa é un clásico e unha rareza: o Jazz Filloa, da rúa Cega, que está entre dúas rúas tan longas coma fundamentais na Coruña: San Andrés e Orzán.
Digo que é unha rareza porque se dedica a un estilo pouco coñecido e pouco desexado, pola harmonía e tranquilidade dos seus sons, ideal para a fin dun día duro. O sitio é pequeno e íntimo, cálido, nun baixo dunha rúa escondida da zona antiga da cidade. O local cumpriu xa os trinta e cinco anos. Oxalá teña continuidade no futuro: é o sitio ideal para que os pequenos grupos musicais que ensaian na cidade coa formación das escolas de música e do Conservatorio poidan dar a coñece-la súa música.
Ningún comentario:
Publicar un comentario