martes, 4 de abril de 2017

Ser escritor en galego...

A persoa que segue este blogue xa sabe que se adoita escribir (non só) en galego. O título escribino para que provoque. Normalmente asociamos "escritor-a" a unha persoa que escribe textos que, en distintos xéneros literarios, son publicados. 

Pero todos podemos escribir en galego, xa que calquera pode ter un blogue, unha rede social, unha mensaxería de telefonía móbil. E aí podemos emprega-lo galego, ¿non si? Non é casualidade que Google, Facebook, Twitter, Hotmail inclúan a opción do idioma galego para empregar estes servizos. Nas novas tecnoloxías da comunicación está unha das batallas dun idioma minoritario e minorizado polos complexos diglósicos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Vodas de ouro

 Tamén era domingo cando fai cincuenta anos estas dúas belezas decidiron casar... orgulloso deles sempre... mágoa que o xardín de San Carlos...