O outro día, nunha visita ó planetario da Casa das Ciencias da Coruña, cun persoal amabilísimo, a sesión de planetario conxugou un documental sobre os planetas de aneis cunha visión dos ceos nestes días, hoxe que temos a sombra máis curta do ano por ter o solsticio de verán co día máis longo.
Afortunadamente, como conservaron o proxector analóxico, proxectan unha visión máis nítida do ceo, coa eliminación de todo tipo de iluminación que puidese haber na sala, mesmo a que nos pode parecer máis miúda. Témoslle medo á escuridade. Porén, esta non só nos amosa tódalas estreliñas que podemos ver senón que nos fai desconectar e acougar na noite reparadora.
Ningún comentario:
Publicar un comentario