Gústame pasear polas zonas de natureza do meu concello, aínda quedan, e temos que facer todo o posible para mantelas en bo estado:
loitar contra a excesiva iluminación nocturna que mata os nosos ceos, reducir o consumo, fuxir de adiccións para que estas non acaben contaminando o medio no que vivimos (o alcol que leva a destrozar cos nosos impulsos descontrolados pola forza física ou química), utilizar ó máximo o que temos e non estar cambiando cada dous por tres as nosas posesións, tirar nos recipientes diversos o que xa está estragado, reutilizar cousas que aínda poden servir, compartir o que temos, colaborar con equipos que traballan para limpar o medio ambiente, non colaborar co uso de substancias contaminantes...
Ningún comentario:
Publicar un comentario