Día libre, bo tempo... todo convida ás Fragas. Evidentemente, todo predicía que ía ter compañeiros e compañeiras... Familias, grupos, mascotas, bicis, coches pasando, os carreiros transitados...
Onte, día do Pilar, con todo a favor, fun coma de costume desde a Pontedeume ata o portal de Ombre. Coller unha hamburguesa da raza vacúa cachena no Andarubel para solucionar o da comida, simultanear a pista forestal co vieiro dos comendeiros (pola primeira parte, entre Cal Grande e Fornelos) e logo seguir pola principal para chegar rapidamente (vese que o meu paso foi máis rápido do que eu cría) ata Caaveiro. Subir pola lousa ata a taberna e despois baixar e internarme pola Ventureira o tempo prudencial para ter tempo despois para volver con tempo ata a vila (menos buses de volta á Coruña polo festivo nacional) e mesmo ter tempo para terracear na praza do concello eumés unha miguiña ó solpor...
Ningún comentario:
Publicar un comentario