Neste blogue tento contar o que son e o que me gusta - En este blog intento contar lo que soy y lo que me gusta
martes, 30 de maio de 2023
O xardín botánico do Burgo
domingo, 16 de abril de 2023
Don Carlos
xoves, 27 de outubro de 2022
Defuntos
Hoxe tocou pola mediodía a ruta dos cemiterios. É a miña celebración dos Defuntos, dos que tanto me deron. Desde Feáns ata San Amaro. Tranvías de La Coruña ten un servizo eficiente de longa distancia e sabendo dos atallos podes aproveita-lo tempo. A morte así tórnase unha lembranza agradecida e chea de paz, cánta paz dá camiñar polo silencio dos nosos antergos camposantos, lonxe de tantos ruídos e da frivolización da morte, ese feito biolóxico que tanto impresiona e que nos deixa fóra de xogo...
sábado, 8 de outubro de 2022
Casas
Ao final sempre volvemos ás casas, nelas sentimonos seguros e apoiados.
Por iso alí sempre nos esperan os recordos e procuramos que teñan as máximas comodidades.
martes, 4 de outubro de 2022
Pospandemia
mércores, 13 de abril de 2022
martes, 16 de novembro de 2021
Outra vez nas Fragas
Volvín ás Fragas. Levaba tempo sen ir, uns cantos anos, desde antes desta pandemia. A preguiza ten estas cousas.
É curioso como toda a xente coa que te topas polo camiña saúda. Iso sempre sorprende. Por que?
Ver as distintas construcións humanas ao longo do camiño contribúen a facer ameno o camiño. Alegra ver ao final a torre da campá do mosteiro que che di que o que se empezou no centro de Pontedeume ten a súa recompensa coa beleza do mosteiro, illado dentro da natureza que domina todo ó seu redor e que te mergulla noutro planeta, e coa vista da paisaxe.
Vodas de ouro
Tamén era domingo cando fai cincuenta anos estas dúas belezas decidiron casar... orgulloso deles sempre... mágoa que o xardín de San Carlos...

-
Tamén era domingo cando fai cincuenta anos estas dúas belezas decidiron casar... orgulloso deles sempre... mágoa que o xardín de San Carlos...
-
Nesta aldea medrou o meu pai de neno e eu botei aí moitos agostos. Conseguín esta foto da entrada da Galipedia deste lugar. Carripás, Carroi...
-
O martes pasado gocei dun breve concerto nocturno nun local que xa é un clásico e unha rareza: o Jazz Filloa, da rúa Cega, que está entre d...