sábado, 25 de febreiro de 2017

Folleto do Parque Natural das Fragas do Eume

Deixo por aquí un folleto e unha foto das Fragas. Boa tarde deste entroido encetado...
Fontes: eumeturismo.org e turismo.gal


xoves, 23 de febreiro de 2017

O Pasatempo...

Déixovos esta ligazón dun admirador coruñés experto non só porque procurou moito material senón porque é arquitecto técnico, do Parque do Pasatempo do concello de Betanzos. Encontraredes moitas fotos do pasado e moitos datos...

sábado, 11 de febreiro de 2017

El verdugo...

Hoy va de cine. El jueves fui al Colón, antigua sala de cine, a ver esta obra de Berlanga. Tiene una particularidad este ciclo: sólo se echan las películas, elegidas por una revista de cine, si hay un número mínimo de reservas por internet. La noche tampoco acompañaba con el tiempo, aunque no fue de las peores... Hubo intervenciones de experto, en este caso, uno conocido en el municipio, el concejal de Culturas (sic), Coñecemento e Deportes, José Manuel Sande, con quien ya coincidí el mismo día a las siete de la tarde en la FNAC en la presentación del libro "Norteáns" de Mar Guerra, ambientada en la vida castreña gallega (castro de Santa Tegra, en A Guarda), con agasajo de café a los presentadores (normalmente suele ser agua).

La polémica de las redes sociales con la presentación de la peli se reprodujo en el patio de butacas: hubo risas (porque Berlanga y Azcona trabajaron el guion a conciencia para provocarlas) y hubo gente a la que le pareció bien y gente que lo consideró una falta de respeto por el tema que trata: la pena de muerte (además, en el contexto del país de la película, el franquismo, que consideraba necesaria la pena de muerte, curioso en un país de religión confesional católica).

xoves, 9 de febreiro de 2017

Precaución...

Vimos de pasar pola miña terra unha tormenta con moito vento e moita choiva. Evidentemente clausuraron parques e praias temporalmente. Houbo xente que non quixo facer caso das prohibicións, postas para manter a propia vida. Hai xente que non quere romper xamais o seu hábito de ir nadar, por exemplo.

A min gústame ir por sendas de terra das fragas do Eume, pero, en determinadas circunstancias, polas características de determinadas partes, poñeríase en perigo a propia vida. Hai que saber distinguir cando é axeitado estar na natureza.

martes, 7 de febreiro de 2017

Polo Camiño do Bosque...

Sempre cando ía ao Marineda pola estrada dos baños de Arteixo sempre me fixaba nun camiño que ía cara á dereita e nun bosque afastado, pero nunca sentira a curiosidade de adentrarme, se cadra porque desde onde vivo ó Marineda aínda hai un anaquiño e a camiñata pesa o seu...

Hoxe tiña tempo e entón adentreime polo camiño dese lugar (aldea) do Bosque. Aínda hai casas, en maior ou menor estado de conservación e ó final un caminiño que, dentro do bosque, leva ó alto dun outeiro desde onde se pode ver ó final a Terceira Ronda na zona de San Cristovo das Viñas-Lonzas (chamada nos papeis antigos "Louzás". Ten unha miguiña de dificultade o ascenso e máis o descenso, aínda que ofrece protección polo suco feito pola man humana. Este lugar pervive nunha zona de polígono industrial cunha vía para automóbiles que vai dar a un costado do Corte Inglés do Marineda. A ver se fan axiña o paso elevado para ir desde a Fontenova-Agrela...

Vodas de ouro

 Tamén era domingo cando fai cincuenta anos estas dúas belezas decidiron casar... orgulloso deles sempre... mágoa que o xardín de San Carlos...