martes, 7 de febreiro de 2017

Polo Camiño do Bosque...

Sempre cando ía ao Marineda pola estrada dos baños de Arteixo sempre me fixaba nun camiño que ía cara á dereita e nun bosque afastado, pero nunca sentira a curiosidade de adentrarme, se cadra porque desde onde vivo ó Marineda aínda hai un anaquiño e a camiñata pesa o seu...

Hoxe tiña tempo e entón adentreime polo camiño dese lugar (aldea) do Bosque. Aínda hai casas, en maior ou menor estado de conservación e ó final un caminiño que, dentro do bosque, leva ó alto dun outeiro desde onde se pode ver ó final a Terceira Ronda na zona de San Cristovo das Viñas-Lonzas (chamada nos papeis antigos "Louzás". Ten unha miguiña de dificultade o ascenso e máis o descenso, aínda que ofrece protección polo suco feito pola man humana. Este lugar pervive nunha zona de polígono industrial cunha vía para automóbiles que vai dar a un costado do Corte Inglés do Marineda. A ver se fan axiña o paso elevado para ir desde a Fontenova-Agrela...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...