Vimos de pasar pola miña terra unha tormenta con moito vento e moita choiva. Evidentemente clausuraron parques e praias temporalmente. Houbo xente que non quixo facer caso das prohibicións, postas para manter a propia vida. Hai xente que non quere romper xamais o seu hábito de ir nadar, por exemplo.
A min gústame ir por sendas de terra das fragas do Eume, pero, en determinadas circunstancias, polas características de determinadas partes, poñeríase en perigo a propia vida. Hai que saber distinguir cando é axeitado estar na natureza.
Ningún comentario:
Publicar un comentario