martes, 1 de decembro de 2015

Beléns...

Estamos xa no tempo do Advento, preparación da celebración do nacemento, dun xeito non histórico, do Neno Deus. Vemos nas igrexas coroas coas velas que se acenden nas misas, sobre todo os domingos (coroa que non é preceptiva pero que gustou e foi gañando presenza nos nosos templos).

Son datas de felicitacións, panxoliñas, iluminacións varias e Beléns... Pero eu penso que cómpre agardar, segundo unha idea que escoitei hoxe, e deixalo en torno ó vinte de decembro, cando se acheguen as vacacións escolares. Ademais, a min encántanme os Beléns paisaxísticos e, sobre todo, as figuras varias que forman parte da paisaxe de Belén. Os secundarios.

Pero gústame facelo de xeito interactivo. Explícome. Primeiro colócoo cos habitantes de Belén nos seus labores, coa Familia indo de camiño, avanzando un chisco cada pouco e co Portal cheo de animaliños, pois esa era a súa función. Ó redor dos días natalicios, os pastores e demais habitantes vanse achegando ó Presebe xunto coa familia. A familia chega, toma posesión, vai agardando, co espazo baleiro do "berce ruín" (cantiga litúrxica popular) que se enche o día 24 ó solpor coas demais figuras mirando para El con tenrura e Adoración. Os Magos van de camiño ata o Día máxico (para os nenos) da Epifanía, na que os Magos adoran o Neno e lle dan os seus agasallos.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...