A anterior entrada púxena para informar dos puntos de recollida de roupa na Coruña.
Ó meu xuízo, esta iniciativa está moi ben porque converte o acto da nobreza de compartir cos demais nunha acción permanente e estable no tempo, non restrinxido ó tempo do Nadal (acaba o Nadal e a xente non dá nin alimentos nin xoguetes nin nada, coma se despois non se pasase necesidade...) e ademais pon de xeito moi accesible á cidadanía o medio para facer esta acción...
Estaría ben que se entregase roupa comprada e sen usar ou roupa apenas estragada polo uso e a limpeza... O que non queiras para ti...
Ningún comentario:
Publicar un comentario