A comezos de setembro imos estar de noraboa: teremos un novo parque na Coruña. Este vai estar situado nunha zona que estaba completamente a monte, no peor sentido da palabra, descoidada e con casas abandonadas que foron "okupadas", coma no lugar de San José, preto da Refinería e de Meicende. Esta zona non estaba como A Gramela, que, ó haber aínda casas rurais con animais, mantense en moi bo estado e moi coidado. Por iso optouse, como ademais estaba nunha zona na que se construíron as novas instalacións de Padre Rubinos, por tirar todo e cortar toda a maleza.
Vai haber moitos vieiros para paseos, zonas para animais domésticos, estanques, campos para actividades deportivas, altura suficiente para contemplar toda a cidade. Ó carón, nesta zona témo-los parques de Bens, San Pedro e o prado de Pena Moa, cun camiño que leva a Bens. Tamén hai a estrada que leva ata a zona da praia do Portiño e, continuando, todo o tramo do Paseo Marítimo que leva ata a praia de Bens, o areal que é o grande descoñecido do municipio, por estar tan lonxe. Se hai ganas, aínda que o paseo marítimo coruñés xa rematou, pódese continua-la camiñata pola estrada vella e ir ata Suevos e ata Punta Langosteira.
Ningún comentario:
Publicar un comentario