xoves, 2 de febreiro de 2017

Museos...

Ultimamente estou indo os domingos logo de xantar ós museos científicos do concello: os do Paseo Marítimo, que son Domus e Aquarium.

Quizais a única pega é que falta a renovación constante de pequenas exposicións sobre aspectos do mundo científico. Actualmente hai unha boa sobre o mexillón de Galicia no Aquarium. De tódalas maneiras, se se tarda en ir, volver ver os módulos ou centrarse nunha zona concreta para vela polo miúdo sempre dá sorpresas. Con frecuencia, pola teima de ir ás présas e dar unha ollada superficial a todo, non profundizamos e non vemos apenas nada.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Vodas de ouro

 Tamén era domingo cando fai cincuenta anos estas dúas belezas decidiron casar... orgulloso deles sempre... mágoa que o xardín de San Carlos...