mércores, 24 de maio de 2017

Carlos Casares

Vimos de celebrar o Día das Letras Galegas, celebración da simbólica data de escrita da dedicatora de Cantares gallegos, libro que inaugura a volta á escrita en idioma galego e agradecemento a unha escritora en lingua castelá que trata respectuosamente a cultura galega.

Este ano está adicado a Carlos Casares, ourensán e un dos máximos símbolos do Grupo Galaxia, grupo do galeguismo que continúa o labor da Xeración Nós e continúa publicando e difundindo o idioma galego sen ter en conta criterios diglósicos. Faino desde a cultura, sabendo que sería suicida unha acción política que queimaría moitas naves. Este labor sentaría as bases para unha acción política que recuperaría o autogoberno galego e as liberdades democráticas.

Debo confesor que Carlos é unha persoa que engaiola e que ME engaiola polo seu declarado amor pola bondade e liberdade. Non dubidou en seguir o seu criterio, ás veces en contra de determinados grupos de opinión que podían ser belixerantes. Carlos nunca deixou o idioma galego e co seu estilo claro e ameno, baseado na vida e nas anécdotas que calquera pode vivir, conseguiu que o idioma galego callase en moita xente, derrubou barreiras e fronteiras. Carlos tiña criterios e tentaba seguilos con coherencia, pero era tolerante e pensaba moito nas outras maneira de vivir coas que se atopaba na vida de cada día, na súa profesión e na súa vida intelectual pero tamén nos seus hábitos domésticos e de vida social pertencente a unha comunidade plural.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...