O outro día, concretamente hai unha semana, cando tiven que poñer unha película no meu traballo e o reprodutor do formato que agora máis se emprega, o deuvedé, non funcionaba, poucos días despois decateime de que aínda estaba gardado un reprodutor do antigo VHS que aínda funcionaba. Recoñezo que tiven un grande pracer ó ver que o aparello da época do vídeo analóxico e das famosas diapositivas aínda funcionaba.
Vendeuse o formato en deuvedé coma o grande invento, pero non tardou en fallar debido á obsolescencia dos novos aparellos e a facilidade con que se podían raiar os discos debido á excesiva familiaridade no trato doméstico con este sistema de almacenamento de produción artística. Normalmente o VHS, o vinilo e a casete soen tratarse con moito máis coidado e duran máis se están ven conservados. Eu persoalmente cando fotografo non me pasei ó formato dixital e aínda fotografo cos clásicos carretes, porque aínda hai á venda.
Ningún comentario:
Publicar un comentario