xoves, 30 de xuño de 2016

Por Pontevedra...

Tiven o impulso de ir hoxe a Pontevedra. Sabía dunha nova exposición dedicada a Castelao, e non defraudou, porque ten moita documentación, de tal maneira que tes que ir devagariño, con calma. O museo está aberto todo o día así que hai tempo.

A expo está no último edificio aberto, o máis próximo á zona do río Lérez, nunha das saídas da zona monumental, cada día máis peonil. Fala da estadía de Castelao á Pontevedra nun ano mítico, o da creación na rúa do rego da auga da Coruña das Irmandades da Fala, que tería máis grupos en Galicia, Pontevedra sinaladamente, un foco de creación cultural. Cando Castelao chega, intégrase tanto na vida cultural e logo política que participa na primeira película galega (muda) galega, "Miss Ledya" e despois fará de todo na vila do Lérez: investigacións arqueolóxicas, moitas caricaturas, murais para os cafés do centro, deseños de publicacións da intelectualidade da vila e da época, creación do Museo do que estamos falando, creación do Seminario de Estudos Galegos... Castelao escribe, moito, ós amigos e tamén debuxa e debuxa moito obras de arte que vai encontrando e escenas típicas da sociedade da época...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...