martes, 16 de novembro de 2021

Outra vez nas Fragas

Volvín ás Fragas. Levaba tempo sen ir, uns cantos anos, desde antes desta pandemia. A preguiza ten estas cousas.

É curioso como toda a xente coa que te topas polo camiña saúda. Iso sempre sorprende. Por que?

Ver as distintas construcións humanas ao longo do camiño contribúen a facer ameno o camiño. Alegra ver ao final a torre da campá do mosteiro que che di que o que se empezou no centro de Pontedeume ten a súa recompensa coa beleza do mosteiro, illado dentro da natureza que domina todo ó seu redor e que te mergulla noutro planeta, e coa vista da paisaxe.


venres, 1 de outubro de 2021

Fuliada na vila


En xuño merquei por fin este libro escrito co corazón por unha persoa que teimudamente quere salvar as súas raíces.

Conseguiu acceder ás cancións da súa avoa que escoitara de neno grazas ó labor dunha musicóloga que percorreu Galicia despois de asistir a clases de galego no verán na Universidade de Santiago. Grazas ós contactos conseguiu acceder a esa muller que volveu varias  décadas  despois á nosa terra, moito despois da morte das súas informantes.

Ricardo, Richi, Casás Salgado recupera o repertorio da aldea na que botou moitos días de lecer na nenez, pero interpretado coa súa formación de jazz e conservatorio.

domingo, 18 de abril de 2021

luns, 4 de maio de 2020

Lembranzas

Sei que ela foi feliz.
Un dos grandes consolos da vida e destes días son as fotos que fun ordenando e metendo en álbumes.
A memoria dos momentos vividos e os recordos que me transmiten persoas aínda vivas son alimento da alma.

domingo, 3 de maio de 2020

Saída...

Nunca esquecerei a saída de onte, ver cunha tardiña de sol espléndida o mar, tocalo, pisa-la area, ir ós espazos verdes: Vioño, Sta. Margarida, Paseo das Pontes.
Volver coa noite.
Ver tanta xente, ver que era prudente.
A vida, a ledicia.
Ve-la vida cos ollos do amencer.
Dar grazas a Deus de corazón por esta sinxela marabilla.

sábado, 2 de maio de 2020

Xoel López - Reconstrucción (Deluxe 12 años después)


Este tema de Deluxe, aínda non Xoel López, sempre o asocio á estrada e parque de Bens.
Un grande agasallo para estes tempos diferentes.

xoves, 23 de abril de 2020

Nightscapes 4K


Nestes tempos de incerteza dan paz estes ceos...
E agora estamos aprendendo, por lóxica, a ver a irracionalidade da contaminación lumínica.

O Filloa con nova web

 Aquí, un adianto da nova web do Filloa...