Confeso que me despistei coa entrada do castro ata que unhas indicacións que me deran a semana pasada fíxome caer na conta de que debía estar á dereita da encrucillada do Castro. Xuntouse un bo grupo (estamos en pleno mes de xullo, preto do Apóstolo, con moi bo tempo), turistas procedentes doutros lugares. A guía falou en castelán con incursións no galego. Pediu precaución porque son zonas moi sensibles.
Cousas que lembro agora: presenza de castros en toda Europa, pero moi especialmente en Galicia, doadamente detectada coa toponimia, empezando pola aldea na que se sitúa o castro que estamos agora visitando; características para localizar un castro (altura circular rodeada por murallas de pedra, esquilmada polos paisanos para as casas particulares, dous estilos claramente diferenciados -construcións circulares fronte á estructura cadrada por influencia da romanización-, construción de muros de casas sobre murallas). Debido ó paso do tempo desde o abandono do castro, é moi difícil saber a utilidade dos recintos amurallados dentro do castro, se había lareiras e moas, os cultos e os procedementos funerarios. O encontrado normalmente son refugallos (en cantidade grande, depositados no Castelo de San Antón), basura diriamos, o que non lles interesaba levar consigo de valor, excepto excepcións (casa do tesouro). Tamén hai interpretacións de figuras encontradas (interpretación fecundatoria, por exemplo, feita polo arqueólogo José María Luengo, que escavou na década dos 40-50 do século pasado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario