mércores, 20 de xullo de 2016

Rutas de campo pola Coru... I

Xa hai que non escribo. Graciñas antes de nada polas visitas a este sitio. Unhas veces por preguiza e outras por non saber qué dicir. Van días de moita calor aínda que agora está nublado nestes momentos. A xente vai á praia, pero tamén hai opcións diferentes: por exemplo, paseos polas zonas rurais que aínda existen no meu municipio. Fuxo de chamarlle cidade porque non é integramente o meu concello urbano. Aínda existen zonas rurais ou de campo.

O xoves pasado, que tiña tempo, decidín facer unha visita guiada ó Castro de Elviña, que está ó carón do Campus Universitario de Elviña, ó carón das aldeas da parroquia de San Vicente de Elviña. Hai dous camiños: un que leva directamente ó campus de Elviña, máis recente (Informática, Dereito, Empresa, Socioloxía, instalacións deportivas, Educación...) e outro, o máis clásico, que atravesa San Vicente e sobe ata un dos embrións da Uni: A Zapateira, onde estaba o barracón de Ciencias, Humanidades e despois a seta de Arquitectura e Aparelladores. Dereito estaba no antigo edificio de Facenda da rúa de Durán Loriga, e estaban os clásicos edificios de Cidade Escolar (Mestría, Normal, Náutica): Maxisterio, Empresariais e Náutica na miña época. Agás Náutica, que continúa en Riazor, os demais edificios marcharon a Elviña. Había unha razón de peso: Tanto Educación coma Economía tiñan centros en Riazor e Elviña. Cada unha das áreas académicas decidiu xuntar os dous centros nas novas instalacións da zona baixa de Elviña. Por fortuna, non se derrubaron os antigos edificios dos anos vinte, preciosos, unha cucada, e, con obras de remodelación, teñen outros usos dentro da Universidade.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...