sábado, 30 de xullo de 2016

Roupa que se volve usar...

Xa son coñecidos os recipientes de recollida de roupa usada para a Fundación Padre Rubinos que está na zona do Labañou da Coruña. Agora puxeron máis, e máis grandes, en puntos nos que pasa moita xente. 

Hoxe quero falar dunha tenda que comercializa roupa de segunda man que aínda conserva moita calidade. Pódese mercar ou pódese coller cos vales que dá Cáritas nas súas oficinas. A da Coruña está na rúa de Fernando Macías (zona da Praza de Pontevedra baixando pola Avenida de Fisterra ou Finisterre). Deixo aquí o folleto en galego. Mañá ou pasado poñerei o folleto que está en castelán.


Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...