xoves, 12 de novembro de 2015

Coruña inédita...

Xa teño nas miñas mans o famoso calendario coruñés de Xerais. Xa nos estamos achegando ó final de ano e imos ter nos ollos moitos calendarios. Neste hai fotos inéditas e anónimas dunha calidade incrible. Santa Catalina, o Campo da Leña (mágoa que non se salvase ultimamente este nome antergo), o camiño de Garás, a inauguración de María Pita, a antiga igrexa de xesuítas, a zona do porto á altura de Oza...

Para agasallar, sen dúbida...

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Vodas de ouro

 Tamén era domingo cando fai cincuenta anos estas dúas belezas decidiron casar... orgulloso deles sempre... mágoa que o xardín de San Carlos...