Onte non publiquei por estar, como prometera, de visita en Pontevedra, dando máis voltas ca unha buxaina, pero cheguei cedo á Coruña... Esta viaxe merece unha entrada máis detallada...
Hoxe quero falar dunha pequena reflexión sobre ese tópico da estima que lle teñen as mulleres ós detalles e, sobre todo, á lembranza das datas sinaladas. Normalmente os homes tendemos a quitarlle ferro a esta cuestión, dicindo que hai que demostralo todo o ano e non quedar en momentos concretos. Penso que, sen anula-lo feito do valor feminino ós detalles, penso que, no fondo pensan coma nós e que aprecian os detalles cando o resto da convivencia e do trato é de lei. Non creo que xustifiquen o pasotismo e o desprezo dun home só porque de cando en vez regale flores ou felicite datas sinaladas...
Ningún comentario:
Publicar un comentario