venres, 27 de novembro de 2015

"Un ninguén"

Estas palabras do título permiten recoñecer o seu autor e a súa obra. É a primeira frase da famosísima e traducidísima obra de Neira Vilas "Memorias dun neno labrego". É unha obra que engaiola pola súa enxebreza e fluidez idiomática ademais de saber dominar como ninguén os ritmos narrativos. A edición clásica é a de Ediciós do Castro, cos debuxos de Isaac Díaz Pardo.

Hoxe faleceu o seu autor. As redes están botando decontino os pésames, as homenaxes e os recoñecementos á variedade da súa obra.

Descanse en paz.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Vodas de ouro

 Tamén era domingo cando fai cincuenta anos estas dúas belezas decidiron casar... orgulloso deles sempre... mágoa que o xardín de San Carlos...