martes, 19 de abril de 2016

De selos e cabinas...

Hoxe pasaron pola miña mente dúas reflexións, dúas cavilacións.

Teño o costume, o vicio, de le-lo xornal, varios. Un dos contactos meus dunha rede social é produtor cinematográfico e está facendo unha curta. Un dos elementos é unha cabina telefónica. Razoa que, a pesar de que os móbiles, sobre todo os megamodernos, devoraron este sistema, que hai persoas que non teñen para saldo de móbiles (se a súa prioridade é comer e ir á Fundación Padre Rubinos ou á Cociña Económica porque nin sequera teñen para o máis básico, comida e limpeza) e é máis económico.

De feito hai unha vila que aínda mantén moitas cabinas porque son usadas polos seus habitantes, por ser máis barato. Defende este señor que se debería manter a opción das cabinas de rúa e dos teléfonos dos negocios.

Tamén vin hoxe, na oficina central de Correos da miña cidade, unha exposición de selos, de distintos temas e de países diferentes. Había varias rúas do meu barrio. As cartas conteñen unha alta carga afectiva e aprecio polo destinatario. Pódense compatibilizar as novas tecnoloxías e os sistemas físicos de comunicación.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...