venres, 29 de abril de 2016

De turismo interior...

É moi curioso que cando temos tempo libre (días ou vacacións) xa liscamos da nosa zona habitual. Endebén, non adoitamos explorar tódalas posibilidades da nosa cidade ou concello.

Eu onte descubrín que non tiña caducado o carné que me franquea o paso ós museos municipais coruñeses e fixen, por vez primeira na miña vida, na mañá de onte, visita ós tres. Na Coruña apenas hai distancias e pódese facer. No medio, o impresionante Paseo Marítimo, que, con bo tempo, gaña moito.

Coincido na crítica de que tardan moito en cambiar de exposicións grandes, pero as pequenas cambian continuamente: hai unha de fotografías de ceos estrelados na Casa das Ciencias e outra de paisaxes do mundo, sexan humanas ou animais, que impresiona, esta no Aquárium Finisterrae, na que tamén hai unha pequena mostra do fotógrafo da emigración galega portuaria Manuel Ferrol.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...