venres, 10 de xuño de 2016

Por Xubia d'Abaixo... (Coruña)

Como xa levo unhas cantas entradas por rutas que fago por Coruña e inmediacións, decidín pór unha etiqueta máis, máis propia: "paseos", porque iso son, rotas que un fai no seu tempo de lecer, non só polas rúas urbanas e polos camiños rurais do municipio (tamén polos parques, aínda que estes os teño abandonados unha miguiña).

Comprenderase que a extensión da camiñada depende do estado de ánimo, das ganas, das forzas... O outro día limiteime a Nelle, Catro Camiños e toda a Avenida de Oza (antiga General Sanjurjo) ata chegar á zona da praia e do sanatorio de Oza e despois volver... Se se segue despois da Avenida de Oza e se continúa pola rúa do Sanatorio e se continúa por abaixo (onde estaba a mítica Pachá e hoxe pechada a cal e canto) descóbrese un camiño e casas pequenas e acolledoras, de estética mariñeira, porque está na beira da ría e da liña do ferrocarril. As máis aínda conservan a estética de antano, máis ou menos deterioradas, dependendo dos donos, pero conservan o encanto desta zona apartada que pouca xente coñece porque adoita ir por arriba (Pasaxe, zona dos hospitais de adultos e de nenos) e non é unha zona moi concorrida. Sáese ascendendo por unha costa que leva directamente ó Materno (o Hospital grande, o antigo Juan Canalejo, está nas Xubias d'Arriba, de aí a distinción de "Abaixo", pegado ó parque de Eirís e ó Castrillón, zona da praza de Pablo Iglesias, o fundador do PSOE).

Ningún comentario:

Publicar un comentario

¡Salta!

Esta peli é unha obra mestra. Veño de ver agora un dos sitios clave do argumento. Rodada principalmente na Coruña, presenta os mundos da xer...